Red de Jóvenes Galicia:Blog

Este es un espacio externo a la web de la Red de Jóvenes de Entreculturas. Si formas parte de la Red de Galicia, aquí podrás aportar tus ideas y comentarios.

jueves, 21 de diciembre de 2006

ASAMBLEA DE LA RED

El pasado veintisiete de Octubre tuvo lugar nuestra primera asamblea (para algunos la segunda).


Fue un día divertido y muy dinámico. Nos llamó la atención la cantidad de gente que había y sobre todo ver que ellos también querían hacer lo mismo que nosotros; además había "muy buen rollito" entre todas las personas a pesar de que no nos conociamos anteriormente. Aprendimos muchas cosas y al mismo tiempo lo pasamos muy bien. Fue una experiencia inolvidable.


IES Agra do Orzán (A Coruña)

A NOSA VIVENCIA DA ASAMBLEA


O día 27 de outubro tivo lugar a III Asemblea da Rede Solidaria da Mocidade. Nós participamos como integrantes dunha parte da rede galega.

O recibimento foi moi especial, posto que nos trataron dunha maneira moi diferente a como estamos acostumados. Leváronnos ata un pequeno ximnasio, no que nos propuxeron realizar unha serie de probas. Algúns de nós fixémolas gustosamente, aínda que outros negáronse desde o primeiro momento, xa que tiñan vergoña ou non trouxeran roupa axeitada. Ademais, dixéronnos que só os que mellor o fixeran poderían acudir á asemblea e os demais deberiamos regresar ao noso instituto. Moitos de nós non estabamos de acordo con esta decisión e comezamos a protestar á nosa titora, que nos convenceu para que nos tranquilizaramos.

Finalmente conducíronnos cara ao salón de actos e alí explicaron todo o acontecido. O seu obxectivo era intentar que nos puxeramos no lugar da xente que é obrigada a abandonar o seu fogar, que é discriminada por cuestións de raza, sexo, relixión... e que comprenderamos as complexas situacións que sofren a cotío moitas persoas.

Por outra parte, despois dunha pequena presentación de todos nós, déronnos información sobre diversos temas relacionados coa rede e os ODM e posteriormente puxéronnos vídeos que nos animaron a participar máis activamente neste proxecto e para decatarnos de que o mundo pode mellorar e cambiar se todos estamos dispostos e contribuímos a iso.

A continuación, axudáronnos a coñecernos mediante xogos nos que o pasamos moi ben e logo dividíronnos en grupos para levar a cabo unha serie de talleres relacionados cos Obxectivos do Milenio. Cada un deles traballou individualmente un dos obxectivos, que en total eran oito (tema principal da asemblea). Nestes talleres recibimos información que ata o momento non tiñamos demasiado claro ou incluso ata descoñecida.

Ao remate desta actividade dirixímonos ao comedor para xantar. Cando rematamos deixáronnos tempo de lecer e cada quen tivo ocasión de relacionarse máis e coñecer xente doutras cidades.

Pouco tempo despois participamos na elaboración dun mural con distintos obxectos que algúns dos que estabamos alí levaramos. Mentres, uns especialistas contribuían a elaboralo e representantes dos grupos dos talleres expoñían un pequeno resumo do que viviran nos seus respectivos talleres e aclaraban o significado das súas aportacións.

Tiñan programados uns bailes de capoeira que nos deixaron abraiados. Emocionáronnos; parecéronnos interesantes e complexos ao mesmo tempo.

A despedida foi entretida, xa que todos os centros que participaron na asemblea informáronnos dos traballos que levaran ata o momento e que continúan realizando, coa axuda de imaxes que se ían vendo a medida que se expoñían.

Isto axudounos a decatarnos de que moitos rapaces coma nós están interesados en mellorar este lugar e afianzar a idea de que un mundo mellor e xusto é posible.

O futuro está nas nosas mans e nós podemos facer que a nosa vida e a dos demais sexa máis doada.

Coa nosa ilusión e dedicación cremos que poderemos vivir nun mundo utópico movido pola fraternidade, a amizade, a igualdade e o respecto dos uns cos outros.

Sabemos que posiblemente non lograremos todos os nosos obxectivos, pero iso non nos impide continuar, xa que só pensar que o noso mínimo esforzo pode ter un máximo beneficio para os demais, danos forzas para seguir.

¡Cremos que é importante continuar ofrecendo este tipo de oportunidades para que teñamos presente que existen outras persoas comprometidas igual ca nós con estas causas!

Grazas pola vosa colaboración e por estar sempre aí.


Asinado: Rede Solidaria do I.E.S. Rafael Puga Ramón (A Coruña)

sábado, 2 de diciembre de 2006

¡Bienvenidos al blog de la Red de Galicia!

¡Hola a todos!

¡Bienvenidos al blog de la Red de Galicia!. Si eres de nuestra red, esperamos tus entradas y tus comentarios. Un abrazo,
red_de_galicia