Red de Jóvenes Galicia:Blog

Este es un espacio externo a la web de la Red de Jóvenes de Entreculturas. Si formas parte de la Red de Galicia, aquí podrás aportar tus ideas y comentarios.

viernes, 22 de mayo de 2009

Vai de expos


O IES Eduardo Pondal é o primeiro centro que acolle a exposición “Rede Solidaria da Mocidade”, que xa está a disposición dos centros que desexen solicitala e que daremos a coñecer no encontro de fin de curso. Os paneis estiveron no vestíbulo de entrada do centro. Agardamos que a nosa actividade se coñeza un pouquiño máis a través da expo.

Tamén o IES Puga Ramón acolleu durante o mes de maio a exposición de Entreculturas: “Nicaragua: escolas que cambian o mundo”, que serviu para sensibilizar aos estudantes e docentes sobre a situación da educación neste país centroamericano.

E no Pondal...esta e moitas outras!


Tamén no IES Eduardo Pondal aplicáronse a fondo coa CME. Ademais de traballar na aula os materiais e elaborar textos e conclusións das reflexións tiradas, participaron no acto da SAME en Santiago. Este é o resumo do seu traballo:

“ Este ano, así como no 2008, quixemos sumarnos á celebración da SAME. O máis importante desta actividade foi traballala na clase, partindo dos folletos e das unidades didácticas que nos aportou Entreculturas. Serviu para reflexionar sobre o papel da educación, non só nos nenos/as, senón nas persoas adultas e na de cantos millóns faltan aínda por alfabetizar para conseguir o Obxectivo do Milenio".

Para participar no acto de Santiago, elaboraron unha historia poñéndose na pel de persoas de 40 anos que non tiveron a oportunidade de poder alfabetizarse:

Coa achega que cadaquén fixo, chegamos a elaborar unha lista de todas aquelas situacións nas que é imprescindible o poder ler-escribir-contar para poder entender o mundo que nos rodea”.

Como complemento a esta actividade, elaboraron unha exposición na entrada do centro co lema: “Ler abre os ollos”. A primeiros de maio, acolleron tamén uns días o Gran Libro, para que todo o alumnado e profesorado coñecera a Campaña.

A SAME en Mondoñedo


Este ano, novos centros da Rede Solidaria estiveron a traballar as propostas que cada ano vos presentamos. Falabamos nunha nova anterior do traballo da SAME no CPI Virxe da Cela. Presentamos hoxe a acollida da SAME no IES San Rosendo.

O traballo da SAME en Mondoñedo foi excepcional. Todo o centro se implicou na Campaña, grazas a acollida que esta tivo entre o profesorado responsable da Atención Educativa do instituto. Os alumnos e alumnas elaboraron textos, pero tamén viñetas, debuxos, pequenos manifestos, cancións, contos, rótulos... E cadanseu traballo coa mensaxe da CME: “Unha de cada cinco persoas non pode ler este texto”. Con todos os traballos realizados fixeron unha exposición polos corredores, o que fixo que o centro quedara “moi colorido”. A variedade dos traballos deixa patente a creatividade dos rapaces e rapazas, que se aplicaron a fondo na súa elaboración. “Foi un éxito rotundo”, apunta a súa profe, Mª José.

Desde a Campaña Mundial pola Educación, grazas polo voso apoio. Entre todos e todas estamos a facer moito para cambiar a situación dos nenos e nenas do mundo que non poden ir a unha escola e a de tantos adultos que aínda non saben ler nin escribir.

lunes, 4 de mayo de 2009

A SAME nos colexios da Rede Solidaria

Algúns dos centros implicados na Rede Solidaria teñen feito un grande traballo con motivo da SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (SAME). O CPI Virxe da Cela, de Monfero, fixo un concurso e exposición de marcapáxinas, realizados por todos os alumnos e alumnas do centro. Podedes ver o resultado do seu traballo no link: http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/
É alucinante!

Seguro que moitos de vós tamén tedes realizado ideas moi imaxinativas. Enviade as vosas fotos, noticias, textos, relatos, enlaces dos vosos blogs... a: redesolidaria@entreculturas.org
e publicarémolas no Blog da Rede.

A Rede Solidaria apoia en pleno a CME











Este ano batemos récord de participación. Un gran número de grupos da Rede Solidaria da Mocidade selaron, un ano máis, o seu compromiso coa Campaña Mundial pola Educación, e non só traballando os materiais, sensibilizando nos centros e participando nos actos da SAME, senón tamén organizando os actos de rúa que se celebraron o día 23 de abril en toda Galicia.

A Gran Lectura, coa que se quería poñer o acento na importancia da alfabetización das persoas adultas (aínda hai 774 millóns de analfabetos, sobre todo nos países máis pobres do planeta), contou coa participación de moitos dos grupos.

No acto da Coruña, celebrado na Biblioteca González Garcés o día 23, a presenza da rede da Rede foi máxima. Participaron os grupos dos institutos de Elviña, Salvador de Madariaga, Agra do Orzán e Puga Ramón, ademais dun grupo do Colexio da Compañía de María.

No acto de Vigo, colaborou intensamente o grupo do Colexio Apóstol Santiago, quen traballaron coordinando e dinamizando o acto, celebrado na Casa do Libro.

En Santiago, participou o grupo do instituto Eduardo Pondal no Paraninfo da Facultade de Historia. E, en Ferrol, no marco dun maratón de lectura organizado polo Concello, o grupo do Colexio Jesús Maestro.

Todos eles elaboraron relatos que en breve publicaremos nun libro de relatos sobre a educación.

Ademais destes grupos, traballaron a SAME os grupos do IES Campo de San Alberto, o Colexio Calasanz - PP. Escolapios, o IES San Rosendo e o CPI Virxe da Cela.

Gracias a todos/as polo voso apoio!!!

Para máis información, visita: http://www.cme-espana.org/news_Galicia.html