Este es un espacio externo a la web de la Red de Jóvenes de Entreculturas. Si formas parte de la Red de Galicia, aquí podrás aportar tus ideas y comentarios.
O Eduardo Pondal conmemorou este ano o Día da Paz dun xeito diferente:
"Para facernos eco da celebración , decidimos cambiar algo a tónica de cursos anteriores, para o cal pensamos en invitar ao centro a persoas que puidesen informarnos sobre dous conflitos, por desgraza, de plena actualidade.
O conflito palestino-israelí:
A actividade consistiu nunha charla dirixida ao alumnado de 1º e 2º de BAC. A exposición estivo a cargo de Ghaleb Jaber, palestino que leva en Galicia máis de 40 anos, desde que veu estudar Medicina. É o presidente da Fundación Araguaney en Santiago.
O conflito na República Democrática do Congo:
A charla estivo a cargo de Mª del Carmen Morales Valverde, relixiosa da Asunción e misioneira en África durante 33 anos. Acababa de chegar a España e, a través de Mans Unidas, puido compartir a súa experiencia con nós.
Falou da súa responsabilidade en escolas, comunidades e na congregación que lle permitíu coñecer, “por dentro”, varios países como Ruanda, Tanzania, Kenia, Benín e, particularmente, a República Democrática do Congo nestes tempos difíciles para o país.
Comezou a charla proxectando unhas fotografías dos lugares onde estivo como misioneira, das escolas e hospitais nos que apenas había material para traballar. Fixo referencia ás dificultades do ensino en países de extrema pobreza e de conflitos bélicos."
1 Comentarios:
Muy bien gallegos!!! No olvideis de entrar en mi blog, os he dedicado un espacio ínegro para vosotros http://jorsj.blogspot.com
By Jorge Juan, at 24 de febrero de 2009, 17:04
Publicar un comentario
<< Home