E no Pondal...esta e moitas outras!
“ Este ano, así como no 2008, quixemos sumarnos á celebración da SAME. O máis importante desta actividade foi traballala na clase, partindo dos folletos e das unidades didácticas que nos aportou Entreculturas. Serviu para reflexionar sobre o papel da educación, non só nos nenos/as, senón nas persoas adultas e na de cantos millóns faltan aínda por alfabetizar para conseguir o Obxectivo do Milenio".
Para participar no acto de Santiago, elaboraron unha historia poñéndose na pel de persoas de 40 anos que non tiveron a oportunidade de poder alfabetizarse:
“Coa achega que cadaquén fixo, chegamos a elaborar unha lista de todas aquelas situacións nas que é imprescindible o poder ler-escribir-contar para poder entender o mundo que nos rodea”.
Como complemento a esta actividade, elaboraron unha exposición na entrada do centro co lema: “Ler abre os ollos”. A primeiros de maio, acolleron tamén uns días o Gran Libro, para que todo o alumnado e profesorado coñecera a Campaña.
0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home