Red de Jóvenes Galicia:Blog

Este es un espacio externo a la web de la Red de Jóvenes de Entreculturas. Si formas parte de la Red de Galicia, aquí podrás aportar tus ideas y comentarios.

lunes, 4 de mayo de 2009

A Rede Solidaria apoia en pleno a CME











Este ano batemos récord de participación. Un gran número de grupos da Rede Solidaria da Mocidade selaron, un ano máis, o seu compromiso coa Campaña Mundial pola Educación, e non só traballando os materiais, sensibilizando nos centros e participando nos actos da SAME, senón tamén organizando os actos de rúa que se celebraron o día 23 de abril en toda Galicia.

A Gran Lectura, coa que se quería poñer o acento na importancia da alfabetización das persoas adultas (aínda hai 774 millóns de analfabetos, sobre todo nos países máis pobres do planeta), contou coa participación de moitos dos grupos.

No acto da Coruña, celebrado na Biblioteca González Garcés o día 23, a presenza da rede da Rede foi máxima. Participaron os grupos dos institutos de Elviña, Salvador de Madariaga, Agra do Orzán e Puga Ramón, ademais dun grupo do Colexio da Compañía de María.

No acto de Vigo, colaborou intensamente o grupo do Colexio Apóstol Santiago, quen traballaron coordinando e dinamizando o acto, celebrado na Casa do Libro.

En Santiago, participou o grupo do instituto Eduardo Pondal no Paraninfo da Facultade de Historia. E, en Ferrol, no marco dun maratón de lectura organizado polo Concello, o grupo do Colexio Jesús Maestro.

Todos eles elaboraron relatos que en breve publicaremos nun libro de relatos sobre a educación.

Ademais destes grupos, traballaron a SAME os grupos do IES Campo de San Alberto, o Colexio Calasanz - PP. Escolapios, o IES San Rosendo e o CPI Virxe da Cela.

Gracias a todos/as polo voso apoio!!!

Para máis información, visita: http://www.cme-espana.org/news_Galicia.html