Red de Jóvenes Galicia:Blog

Este es un espacio externo a la web de la Red de Jóvenes de Entreculturas. Si formas parte de la Red de Galicia, aquí podrás aportar tus ideas y comentarios.

viernes, 22 de mayo de 2009

A SAME en Mondoñedo


Este ano, novos centros da Rede Solidaria estiveron a traballar as propostas que cada ano vos presentamos. Falabamos nunha nova anterior do traballo da SAME no CPI Virxe da Cela. Presentamos hoxe a acollida da SAME no IES San Rosendo.

O traballo da SAME en Mondoñedo foi excepcional. Todo o centro se implicou na Campaña, grazas a acollida que esta tivo entre o profesorado responsable da Atención Educativa do instituto. Os alumnos e alumnas elaboraron textos, pero tamén viñetas, debuxos, pequenos manifestos, cancións, contos, rótulos... E cadanseu traballo coa mensaxe da CME: “Unha de cada cinco persoas non pode ler este texto”. Con todos os traballos realizados fixeron unha exposición polos corredores, o que fixo que o centro quedara “moi colorido”. A variedade dos traballos deixa patente a creatividade dos rapaces e rapazas, que se aplicaron a fondo na súa elaboración. “Foi un éxito rotundo”, apunta a súa profe, Mª José.

Desde a Campaña Mundial pola Educación, grazas polo voso apoio. Entre todos e todas estamos a facer moito para cambiar a situación dos nenos e nenas do mundo que non poden ir a unha escola e a de tantos adultos que aínda non saben ler nin escribir.